Ver todos los artículos
3 May 2021 | Actividades Lúdicas , Agenda de ocio

DÍA DA NAI

Dende a residencia Domusvi Cangas queremos felicitar a todas as mulleres do mundo, e máis a aquelas que nos seguen de cerca. Porque sen vos, nada sería igual, gracias por todas as ganas que lle poñedes á vida, a vosa alegría e sacrificio, porque o día da nai, debería ser todos os días, e non só este. Queremos enviarvos unha aperta moi grande, porque non podemos estar máis orgullosos e orgullosas das nosas nais, que o merecen todo.

E un gran bico a todas as residentas do noso centro, a todas estas mulleres maravillosas que nos alegran tanto os días e que tanto queremos.

Na liña do post no blog do día do traballador, a semana pasada todas as nosas personas residentes traballaron tamén nunha manualidade para o día da nai. Consistía en pintar, recortar e plastificar os corazóns para finalmente pegalos a un pau.

Este pasado domingo repartíronse entre todas as residentas o resultado do traballo da semana: un corazón por cada muller, por cada unha delas, que ten unha historia que contar e ainda seguir escribindo, polas súas vidas cheas de acontecementos.

Aquí vos deixo as fotos dalgunhas das nosas residentas este domingo, un saúdo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ver todos los artículos