Ver todos los artículos
13 May 2021 |

NORMAS COVID RESIDENCIAS 13/05

As medidas que están en vigor actualmente, a día 13 de maio do 2021  nas residencias,  son as seguintes:

  • VISITAS

Permitiranse 3 visitas semanais a cada persoa residente, dunha duración máxima dunha hora cada unha, as cales se establecerán con cita previa, realizarase de forma individual e poderán facelo calquera membro da familia ou persoa achegada á persoa residente.

Permitirase o contacto físico entre a persoa residente e a persoa visitante, sempre coa mascarilla posta e cunha posterior desinfección nas superficies de contacto.

 

  • SAÍDAS
  1. Concello en risco extremo ou alto: 3 saídas semanais (máximo 4 horas cada saída)
  2. Concello en risco medio e medio-baixo: 5 saídas semanais (máximo 4 horas cada saída)

 

  • PERMISOS DOMICILIARIOS

Permitiranse as saídas das persoas residentes a pasar uns días ao seu domicilio, sempre e cando se cumpran as seguintes condicións: a saída ten que ser como mínimo de 5 días; o concello do seu domicilio non pode estar en nivel de risco extremo; á volta deberá realizar unha proba e antíxenos que se realizará na residencia.

 

A partir de mañá, venres 14 de maio do 2021, o concello de Cangas entra en nivel de restricións alto, co cal, as saídas semanais baixan de 5 a 3 ata novo aviso.

Un saúdo dende a residencia DomusVi Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos