Hoxe é 17 de maio, día das Letras Galegas.
Para conmemorar este día, fíxose a pasada semana unha actividade manual, que consistía en facer un mural coas cousas que para as persoas residentes simbolizaba este día, fomentando así a autonomía persoal e facendo unha actividade de reminiscencia, xa que plasmaron o que para eles representa todos os anos as letras galegas.
A parte, recordar que este ano, dedícanse a Xela Arias, que foi unha escritora e poeta, ademais de editora e profesora de galego. Naceu en Sarria, Lugo, en 1962 e morreu no ano 2003. Comezou en 1980 a publicar en periódicos e revistas, o que lle abriu paso ao mundo literario, para que no ano 1986, publicara o seu primeiro poemario, «Denuncia do equilibrio» que foi moi innovador para esa época, e coa que se deu a coñecer. Tivo unha vida chea de obras, premios e recoñecementos. Moitas grazas, Xela, pola túa pegada na nosa terra.
Por aquí vos deixo fotos de como quedou o mural finalmente con algunhas persoas protagonistas da obra, un saudo.