A vitamina D é unha vitamina esencial para a inmunidade, o crecemento e a saúde dos osos, dentes e músculos. As persoas máis afectadas polo déficit de vitamina D son as persoas maiores, e é por iso, que na nosa residencia avogamos porque as persoas poidan aproveitar os raios de sol, sempre con control; aprovéitanse os momentos de bo tempo animando ás persoas residentes a sair, e combínanse con escoitar música, lecturas, escribir, pintar, actividades extraordinarias, etc. para así aproveitar mellor o tempo de ocio. A maiores, as nosas dietas contemplan tamén a vitamina D tan necesaria para todos e todas.
Como a producimos?
- Mediante a exposición ao sol. O corpo a sintetiza de forma natural cando a pel se expón aos raios ultravioleta do mesmo. (O que explica o nome de “vitamina do sol)
- Mediante a alimentación. Atópase en peixes graxos (sardiñas, salmón, atún…) ou certos produtos enriquecidos con vitamina D, coma as xemas de ovo, chocolate negro, iogures…
Por que temos déficit de vitamina D?
Bastaría con expor a nosa pel ao sol durante 10 ou 15 minutos ao día para producir suficiente cantidade dela. Aínda que isto non implica que para todas as persoas sexa suficiente, ou que non haxa sempre bo tempo, o que implica ter que obtela mediante o método alimenticio.
O déficit de vitamina D pode manifestarse de diferentes maneiras. Nos adultos, os síntomas máis comúns da carencia de vitamina son fatiga, dolor óseo e muscular, debilidade inmunolóxica, baixo estado de ánimo e mareos. E a longo prazo, a carencia pode provocar un maior risco de fracturas (especialmente de cadeira) ou osteoporose.
Cales son os seus beneficios?
Ten unha ampla gama de beneficios:
- Función normal do sistema inmunitario
- Mantemento da función normal dos osos, dentes e músculos
- Os niveis normais de calcio en sangue
- Absorción e utilización normal do calcio e fósforo
- Obtención dun bo estado de ánimo