Ver todos los artículos
27 May 2021 | Actividades Lúdicas

AS RELACIÓNS SOCIAIS NAS PERSOAS MAIORES

Por que son tan necesarias as relación sociais en persoas maiores?

Debido ao paso do tempo e os problemas que se van ocasionando nas nosas vidas, as relacións sociais vanse deteriorando, e é por iso que debemos fortalecer as relacións das nosas persoas maiores.

Somos seres sociais, para nós, relacionarnos é imprescindible, e isto por que? Pois porque ten uns beneficios moi saudables, coma son a mellora da autoestima, fomentar a autonomía persoal e prevén a aparición de situacións de dependencia.

Atopamos tipos de relacións sociais que promoven o envellecemento activo e saudable:

  • Relacións familiares. Proporcionan vínculos afectivos indispensables, que aportan seguridade na vida, o que é moi importante para as nosas persoas maiores.
  • Relacións de amizade. Compartir tempo con persoas que compartan gustos, coas que poder falar, contar as nosas preocupacións e confidencias, experiencias vitais e realizar actividades.
  • Relacións interxeneracionais. Danse entre persoas de distintas idades que intercambian experiencias e coñecementos que resultan moi favorables para ambos (isto na nosa residencia xa se da entre persoas traballadoras e persoas residentes).
  • Relacións co persoal da residencia. No centro é indispensable que exista unha boa relación entre as persoas residentes e as traballadoras para que as primeiras se sentan ben e a gusto. Tamén é unha canle facilitadora para as persoas traballadoras para o bo coidado.

 

É por isto, que a implicación de todas as persoas das vidas de cada unha das persoas residentes do centro é primordial para que teñan unha mellora ou un mantemento tanto físico coma emocional, previndo así situacións desfavorables para as persoas que queremos.

 

Ver todos los artículos