As medidas que están en vigor actualmente, a día 21 de xuño do 2021 na nosa residencia, son as seguintes:
- VISITAS
- Cada persoa residente pode recibir un mínimo de tres visitas semanais.
- Non hai número máximo de visitas.
- Poderanse reservar dúas citas para que non se bloqueen todos os ocos de visita e iso impida que outros familiares poidan vir.
- Cada vez que se consuma unha cita, poderase solicitar outra, sempre e cando non se superen as dúas visitas reservadas por cada persoa residente.
- As visitas poden ser realizadas por dúas persoas visitantes á vez.
- As visitas seguen sendo con cita previa.
- Se alguén ten problemas para reservar algunha visita que o comunique a recepción e intentaremos poñerlle unha solución na máxima brevidade posible.
- SAÍDAS
Permítense todas as saídas que os residentes desexen e sen límite de duración, salvo que sempre teñen que estar de volta antes da cea (19h aproximadamente). Se desexa que a persoa residente pase a noite na casa, deberíase pedir un permiso domiciliario.
- PERMISOS DOMICILIARIOS
Os permisos domiciliarios mantéñense igual que ata agora: “As persoas residentes poden ir ao domicilio familiar, sempre e cando sexa por un mínimo de 5 días e o municipio no que resida non se atope en risco extremo. Ao seu regreso deberá presentar unha PCR ou test de antíxenos negativo. Para que as cousas sexan máis fáciles e que a persoa desfrute da súa estancia na casa, realizaremos nós o test de antíxenos na residencia á chegada da persoa, polo que o único necesario é avisar previamente da duración da estancia e o día e a hora do seu regreso.”
Un saúdo dende a residencia DomusVi Cangas.