Ver todos los artículos
5 Jul 2021 | Agenda de ocio , Talleres Terapeúticos

DIFUMINAR O SENTIMENTO DE SOIDADE

Os efectos negativos da soidade nas persoas maiores poden ser múltiples, xa que vai ligado á saúde mental da persoa, o que implica maior risco de depresión. Cando unha persoa vive soa  ten un maior risco de sufrir un accidente e non poder ser atendida, atoparse mal, ter unha necesidade específica e non poder cumprila, non ter unha boa alimentación, non tomar ben os medicamentos, dificultade para acodir a citas médicas, evolución máis rápida dunha demencia ao ter pouco contacto con outras persoas… E moitos máis son os problemas aos que se expoñen todas esas persoas maiores que están soas.

Nas residencias de persoas maiores afróntanse todas estas dificultades día a día con persoal cualificado. A soidade combátese no centro, xa que sempre se está rodeado de xente e o departamento de Animación Sociocultural inculca as relacións interpersoais con todas as persoas coas que se convive. Nesta liña, o traballo para combater a soidade reside en, a maiores de poder estar coas persoas que sempre se está, fomentar a conversación entre persoas que garden menos relación, para así, canto máis grande é a rede de relacións, menor é a probabilidade de que apareza depresión, sentimento de soidade e tristeza, sendo isto esencial para o transcurso dun benestar psicofísico diario.

A maiores, que todas as persoas estén entretidas é importante, xa que se evaden de todos os problemas ou pensamentos negativos que poidan ter, polo que é esencial o traballo do ocio e do tempo libre; sempre e cando se atenda ás necesidades individuais, e se algo non o quere facer porque non lle gusta ou non lle apetece, ainda que nos gustaría que o fixese, non se lle vai a forzar nin moito menos, xa que se xeneraría un malestar que non tería por que aparecer… Seguiremos traballando para adaptar os gustos de cada persoa á sua axenda para o ocio e o tempo libre.

 

Un saúdo dende o departamento de Animación Sociocultural DomusVi Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos