Chegou o cine a DomusVi Cangas!
Próximamente comezarase a facer unha sesión de cine por semana para as persoas residentes, xa que é unha actividade diferente e que gusta moito, e poderase recrear ese ambiente cinéfilo que moitas das nosas persoas residentes fai xa moito que non viven.
Ainda que moitas veces se observe o cine como algo lúdico sen un maior transfondo, tamén ten unha serie de beneficios, ao considerarse unha actividade psicosocial moi atractiva. Despois de cada sesión de cine falarase da propia película, coa finalidade de que todas as persoas comprendan todas as partes e tratar os temas que toque a película, facendo así que cada unha de o seu punto de vista e se fomente a capacidade crítica.
Os beneficios da actividade de sesión de cine ten beneficios psicolóxicos e emocionais moi importantes;
- Promóvense as relacións interpersoais (mediante a charla posterior ao visionado)
- Revitaliza
- Axuda a enfocar os propios problemas
- Relaxa e desconecta da rutina diaria
- É un momento para compartir coas amizades ou coa familia
- Axuda á recuperación de recordos e sentimentos
- Transmite valores
- Motiva
- Provoca risa e fai chorar (traballo das emocións)
- Desenvolve a nosa creatividade
- Eleva o espíritu de cada persoa
- Saca as fortalezas de cada persoa
- Vense reflexados nas personaxes da película
Cando se comece a implantar a actividade, que vai a ser pronto, subiranse ao blog fotos das sesións e información relacionada coa mesma.
Un saúdo dende o departamento de Animación Sociocultural de DomusVi Cangas; seguimos traballando para o benestar psicofísico das persoas.