En DomusVi Ferrol estamos moi pendentes de promover as relacións sociais e poñemos todo o noso empeño na promoción da creación de grupos de iguais;está altamente demostrado que as relacións sociais interveñen na mellora da saúde e promoven a integración das persoas na súa comunidade.
Diversas actividades das que realizamos están encamiñadas a crear vínculos entre iguais; unha delas é o CAFÉ TERTULIA, co que se pretende ter charlas amistosas entre compañeiras/os e así xerar unións entre elas/eles.
Cada luns temos unha sesión de café tertulia, aquí vos deixamos unhas fotiños.