Onte chegaron as terceiras doses da vacuna contra o COVID-19 á residencia DomusVi Cangas. Como xa sabedes, non todas as persoas puideron recibir a dose, xa que teñen que pasar 6 meses entre a segunda e a terceira; e é por iso que cando lle chegue o momento as demais persoas se vacinarán.
Fixémosvos chegar dende a residencia un comunicado do médico, Aitor, e outro mensaxe conforme a persoa residente foi vacinada ou non. En caso de que non vos chegara ou fose enviado a outra persoa de referencia, podedes preguntar sen problema ningún.
É un momento para estar alegres, xa que a terceira dose aumenta a inmunidade das nosas persoas residentes frente a esta enfermidade que leva connosco moito tempo.
Por outro lado, a nosa residencia saiu na portada do Faro de Vigo e na segunda páxina coa noticia enteira, por aquí vos deixo a noticia, tanto en fotos coma o link.
https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2021/09/23/120-mayores-reciben-dosis-refuerzo-57576034.html
Un saudo dende o departamento de Animación Sociocultural.