Creo que estamos de acordo en que os maiores perxudicados nestes dous anos foron as persoas maiores, en dous ámbitos primordiais, no sanitario e no social. É necesario seguir mantendo as recomendacións sanitarias e intentar tomar tódalas precaucións posibles, pero tamén é certo que as persoas maiores teñen dereito a seguir vivindo e disfrutando da súa comunidade.
Dende DomusVi Ferrol seguimos pensando que a participación comunitaria é unha das mellores ferramentas para a visibilización, desguetización e prevención do edadismo, e aínda que entendemos que temos que ser previsores, non caeremos na desidia, deixándonos levar polas circunstancias.
¡Temos que estar, téñennos que ver, porque existimos e somos importantes!