Cando as nosas persoas residentes inician os preparativos para unha festa tan especial coma é o entroido, ademais de favorecer o seu estado emocional ao sentirse emocionadas polo que supon celebrar estas festas, especialmente tras este período de pandemia, tamén supón un adestramento cognitivo importante xa que deben planificar esta tarefa a realizar, organizar o uso dos recursos e tomar decisións para plasmar a súa creatividade. Ademáis, adestran a sua motricidade fina, utilizando os materiais necesarios para coidar cada detalle.
Xa estamos avanzando na preparación dos disfraces e das máscaras, así coma a creación da sardiña deste ano. Realizaremos talleres de cociña, charlas, actividades orais e manualidades ao longo de toda a semana que ven e os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo, que son as datas do entroido neste 2022.
Desgraciadamente a pandemia segue latente, e ainda que hai máis liberdade, non será como os entroidos de antes. De todas formas, temos moi seguro que será un entroido que nos marque e moi divertido. Esperemos que disfrutedes tanto coma o vamos a facer nos.
Por aquí vos deixo algunhas fotos, un abrazo dende os departamentos de Animación e Psicoloxía.