Sumámonos ao Concello de Ferrol na súa recollida para o pobo Ucraniano, dándovos un punto de recollida máis unido aos que dispón o Concello. Se queredes aportar algo non tedes máis que acercalo a DOMUSVI FERROL. Nós farémosllo chegar.
Pódense doar:
- mantas
- sacos de durmir
- artigos de tocador (xel de baño, champú, pasta de dentes, peite e cepillos para o cabelo, desodorizante, cepillos de dentes, esponxas e xabóns),
- artigos de hixiene feminina como toallas hixiénicas, tampones, toallitas húmidas
- artigos de aseo para bebés, como cueiros, toallitas e xabóns para bebés, cremas ou pos hidratantes
- conservas de longa duración (non de cristal).