Ver todos los artículos
16 Mar 2022 |

Visita á ONG «Movilidad Humana»

Hoxe fixemos unha primeira toma de contacto coa ONG «Movilidad Humana»; esta organización ten como misión ser o apoio integral para as persoas en mobilidade humana e as súas familias para facilitar a súa integración na sociedade de acollida con accións de mediación, participación cidadá e incidencia política a través da creación e participación activa en espazos de debate e do traballo en rede con outras entidades, ademáis de brindar asesoría xurídica, formación e inserción laboral, especialmente ás mulleres traballadoras do fogar e coidados e as súas familias, no marco pleno da garantía dos dereitos humanos e as propias responsabilidades adquiridas no país receptor.

Recibiunos Soledad, educadora social, que nos explicou o traballo diario con infinidade de mulleres para a promoción da súa inserción laboral, social e cultural.

Foi un pracer!

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos