Ver todos los artículos
23 Mar 2022 | Actividades Lúdicas , Agenda de ocio , Noticias

SAIDA AO MUSEO MASSÓ DE BUEU

Hoxe, mércores 23 de marzo, fixemos unha saida ao museo Massó de Bueu con algunhas persoas residentes. Comezaremos a facer saidas sempre que o tempo e os horarios o permitan alternando ás persoas que vaian aos sitios.

A visita de hoxe foi para coñecer máis de cerca a vida mariñeira do pobo de Bueu e todo o relacionado coa fábrica de Massó, que tan famosa e importante foi. As nosas persoas residentes estiveron moi activas durante toda a visita, o que favoreceu a realización persoal, a mellora da autoestima e o aumento do estado de ánimo.

Tras a visita demos un pequeno paseo polo porto do pobo aproveitando que se estaba moi ben fora.

Por aquí vos deixo algunhas fotos de hoxe.

Un saudo dende o departamento de Animación Sociocultural.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos