Nada nos tardou tanto en todo este tempo como retomar as actividades coas nosas amigas e amigos do IES Sofía Casanova; antes da pandemia tiñamos un proxecto conxunto de participación, realizando actividades de tódalas índoles, era un toma e daca constante, nas que traballabamos temas diversos: igualdade, educación ambiental, prevención do edadismo, teatro, actividades de participación comunitaria,etc
Podemos volver a dicir que retomamos as actividades con eles e elas. Con moitas ganas de facer cousas novas e crear proxectos que beneficien a pequenos e grandes.
Moitas gracias amigas/os!