Ver todos los artículos
16 May 2022 | Jornadas de divulgación , Noticias

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2022-DOMUSVI LUGO

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua Galega a través da súa manifestación literaria. Empezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da publicación do primeiro exemplar da obra «Cantares Galegos» de Rosalia de Castro.

Nos, a familia de #DomusVi Lugo rendimoslle homenaxe a Fernando Delgado Gurriarán, o autor das #Letras Galegas deste ano. Repasamo a sua vida, a súa obra e o seu legado, e fixémolo a traves da palabra, coa lectura dos seus textos, e a través dos sentidos, escoitando parte da sua obra, versionada con musica, de lecturas de nenos, de testimonios de outros escritorxs e ademais poidemos escoitar poemas recitados por el mesmo a traves do arquivo sonoro de Galicia.

Deixámosvos un anaco de información:

 Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados en 1936. Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987.

Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán:

  • bebedeira, Nós, Santiago de Compostela, 1935.
  • Galicia infinda, Salnés, Vigo, 1963.
  • Cantarenas. Poemas (1934-1980), Ediciós do Castro, Sada, 1981.
  • O soño do guieiro. Opúsculos, Ediciós do Castro, Sada, 1986.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos