Xa nos tardaba ter unha tarde coma a do luns! Despois de toda a pandemia, o pasado día 16 de maio fixemos a primeira festa no exterior e tivemos artistas invitados e todo! O grupo «Espera que vou mexar» amenizou esta tarde, xunto coa chocolatada con churros que tivemos de merenda. É unha alegría para nós poder recuperar estas celebracións e apreciar os beneficios que dan aos nosos residentes. Despois desta festa das Letras Galegas xa estamos pensando cal será a seguinte!