Hoxe comezamos un novo curso de ganchillo levado a cabo polas nosas compañeiras Nieves Cibreiro e Carmen Fernández, dúas profesionais como a copa dun pino,que levaron o obradoiro cunha facilidade admirable,como se o levaran facendo toda a vida.
Xerouse un clima de compañeirismo e axuda mutua moi bo, coa colaboración permanente entre unhas e outras.
Imos facer auténticas marabillas!