O pasado domingo foi o Día Mundial do Medio Ambiente, pero nós pensamos que algo tan importante merece máis ca un día, así que esta semana celebramos a Semana Ecosaudable.
A actividade principal foi a creación da nosa propia horta urbana na que plantamos leitugas, pementos, tomates… Sendo sinceros, era un traballo para varios días pero foi tal a motivación entre moitos dos residentes que en pouco máis de media hora xa tiñan todo feito! En calquera caso, esta actividade durará no tempo moito máis ca esta semana, xa que os beneficios que obtemos con ela son moitos e a distintos niveis. A parte dos evidentes beneficios ambientais, obtemos beneficios a nivel emocional, cognitivo e social.
Aquí vos deixamos unha mostra do bo traballo feito. Máis adiante subiremos as fotos coa degustación! 😉