Despois de deixar listas as hortalizas, onte tocou centrarnos un pouco na decoración. Cunha boa selección onde escoller, prantamos varias prantas decorativas. Entre elas hai aloe vera, lavanda, suculentas… a ver se as coñecedes todas! 😉
Aquí vos deixamos as mostras de que os nosos residentes non teñen reparo ningún en mancharse e poñerse mans á obra. Cando veñades de visita fixádevos na entrada que vai quedar moi bonita cando medre todo!