Ver todos los artículos
10 Jun 2022 | Agenda de ocio , Talleres Terapeúticos

Hoxe presentámosvos DomusBee!

Seguindo ca celebración da semana ecosaudable, a xornada do xoves dedicámola a rematar o cartel da nosa colmena. Sí! Escoitáchedes ben! Dende fai unhos días temos unha colmena apadriñada no apiario de Susana González Rodríguez, que leva A Melería de Trasalba en Amoeiro, Ourense. Esta acción forma parte do proxecto DomusBee que puxo en marcha a Fundación DomusVi cunha finalidade dual na que se converxen os beneficios para os nosos residentes e os beneficios ambientais que as abellas aportan aos ecosistemas que as rodean.

Aproveitamos a semana do medio ambiente para rematar a primeira das tarefas, que era sinalizar a nosa colmena. Agora quedamos á espera de recibir as primeiras fotos e vídeos das nosas abellas. Mentres tanto, seguiremos realizando tarefas relacionadas e aprendendo sobre estes maravillosos seres vivos e a súa organización.

Como vedes nas fotos, o cartel realizámolo coa técnica de pirograbado. Primeiro pintamos a estructura dun panel da colmena e o nome do noso centro. Por último, usando un pirógrafo, grabamos todo o deseño na táboa. Gústavos como quedou? Pronto subiremos máis fotos deste interesante proxecto!

2 comentarios en “Hoxe presentámosvos DomusBee!

    Loli Otero Perez

    (8 de julio de 2022 - 11:38)

    Suerte con vuestra colmena A ver si no se acercan las famosas Velutinas,que acaban con ellas,lo se por experiencia a nosotros nos acabaron con todas, y mira que llevamos luchando.Me encanta que os hagáis ver en eventosBiquiños

      Equipo DomusVi Viveiro

      (11 de julio de 2022 - 15:28)

      Esperemos que non se acerquen por alí. A ver si para outono podemos degustar a rica mel das nosas abellas!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos