A pasada semana celebramos o Día Mundial do Alzheimer, desgraciadamente unha das enfermidades que nos toca máis de preto. Este ano decidimos celebralo con recordos. Con recordos de onde nacimos e onde nos criamos, e para iso fixemos un mapa localizando estes importantes puntos e viaxamos por internet ata eses lugares. chegando incluso a ver a casa dalgún dxs nosxs residentes!
Poderedes ver na zona de visitas do centro o mapa que fixemos coas localizacións dos lugares de procedencia dxs nosxs residentes. É curioso comprobar que temos residentes de tódalas provincias de Galicia.