O pasado mércores día 7 realizamos o acto de inauguración da decoración de nadal do centro. Procedemos ao encendido da árbore e contemplamos o maravilloso Belén que a nosa traballadora Anabel tivo o detalle de facer e colocar no centro. Está feito con bonecas «barriguitas» caracterizadas incluso cos uniformes do centro e quedoulle increíble. Así que si vides de visita por aqui non vos olvidedes de botarlle unha ollada! No mostrador de recepción teredes copias da programación de nadal por si queredes consultala.
Deixámosvos unhas fotos da inauguración!