Dende DomusVi Narón queríamos darvos a coñecer a INICIATIVA FALAI, interesante colaboración entre Balidea e o centro de investigación AtlanTTic da Universidade de Vigo que pretenden desenvolver tecnoloxías que permitan ás persoas falar en galego co mundo dixital.
Para iso precisan da colaboración cidadá para dotar de datos e adestrar os algoritmos con todos os acentos, variantes dialectais, formas de expresarse…
Ademais se queremos que as persoas maiores poidan facer uso destes axentes conversacionais necesitamos das súas voces!
Neste vídeo fan un resumo: FalAi_Corporativo_4K.mp4
Para que vexades o sinxelo que é participar comparto un vídeo-titorial