Chegou a noite mais curta e máxica do ano, noite chea de cacheiras, lumes e feitizos. Como non podía ser doutra maneira, celebramos unha grande festa na nosa residencia.
Música e danza, choripanes asados e lambonadas fixeron as nosas ledicias durante esta tarde.
Para nos protexer contra o meigallo desfrutamos tamén dunha boa queimada conxuro incluído.
Tampouco faltou o cacho das Herbas de San Xoán coas que lavar a cara no día seguinte e desfrutar dun marabilloso recendo.
Compartimos algunhas das fotos e agardamos que o pasarades tan ben coma nos.
Moi boa Noite de Lumes!