Dende Domus Vi Viveiro levamos meses colaborando na iniciativa «Globo Marruán» , lixo feito arte, impulsada pola asociación Prato_Do.
Semanalmente acudimos a un punto de encontro no que diversas asociacións, entidades, centros educativos, etc nos xuntamos para aportar o noso grao de area na creación de dito globo.
A pasada semana mesmo nos entrevistou a TVG para o programa «Quen anda aí?». Estadeantent@s que pronto nos veredes na gran pantalla.