Ver todos los artículos
20 Jul 2023 | Actividades Lúdicas , Agenda de ocio

Imos ao Resurrection Fest!!!

Fai unhas semanas, celebrouse en Viveiro un dos festivais referentes a nivel nacional, de rock, hardcore e metal, o Resurrection Fest. Nós, non quixemos perder a oportunidade de mergullarnos entre toda a xente que alí se atopaba desfrutando da música e do bo ambiente así que puxemos rumbo a Celeiro para desfrutar dunha tarde festiva.

Fixéronnos unha ruta por todo o recinto, falamos con moita xente e incluso nos pediron fotos! Foi unha moi boa experiencia e pasámolo en grande. Cando rematou a visita guiada, puidemos desfrutar dunhas bebidas refrescantes nas barras da zona VIP!

Moitas grazas a toda a organización por convidarnos e por realizar este festival. Moitas grazas a toda a equipa que fai esto posible e como non, moitas grazas á nosa gran guía Eva, que nos explicou todo xenial e nos contestou a todas as preguntas que lle formulamos. Agardamos poder voltar e que o Resurrection se siga a celebrar moitos anos máis.

A continuación podedes ver algunhas fotos que sacamos cos integrantes do grupo Ruxe ruxe,  con unha parella que acababa de contraer matrimonio na igrexa que montaron dentro do recinto, con unha parella que levaba meses preparando os seus looks para o festival e ata con un mini-dinosaurio!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos