Todos e cada un dos días estamos contentos por vivir en Galicia pero, como excusa, aproveitamos que o día 25 de Xullo é o día de Galicia para celebralo por todo o alto. Fixemos unha comida especial e xuntámonos todos os compañeiros e compañeiras para comer. Pola tarde tivemos música e baile. Ademáis, algunhas das traballadoras, trouxeron as súas mellores galas para interpretar varias cancións! Incluso algunha compañeira colleu o micrófono para deleitarnos con algunhas das cancións máis coñecidas por todos e todas.
Antes de merendar, xogamos unha partida ao bingo e unha vez rematamos voltamos a bailar e cantar !