ANÉCDOTA: un relato breve dun acontecemento extriño, curioso ou divertido que lle acontece á persoa que a narra.
O 21 de Setembro celebrase o día Mundial do Alzheimer, por iso, en Domus Vi Viveiro, queremos axudarlle á nosa memoria e recompilar momentos célebres, divertidos e mesmo disparatados que se puideron vivir nestes 9 anos que levamos de percorrido.
Queremos darlle forma ao ANECDOTARIO SALGADO: Salgado, polo mar que vemos dende a nosa fiestra cada día, e polo sabor das bágoas. Queremos chorar, pero nesta ocasión, de risa e encher as páxinas de recordos, pois tamén existen bos recordos e son os que deben de perdurar.
Por iso, se tes algunha anécdota vivida no centro, podes enviala a: tasoc.viveiro@domusvi.es
Estará exposto na recepción do noso centro a finais do mes de Setembro e así poderás tamén escribir no mesmo as anécdotas que están por vir.
Plasma a túa experiencia a través dun texto, un debuxo, unha frase, unha canción…Podes facelo de forma anónima.
De todos xeitos, para salvagardar a intimidade de tod@s empregaremos iniciais ou pseudónimos na publicación.
Axúdasnos a lembrar e sorrir???