Ver todos los artículos
17 Sep 2020 |

ANÉCDOTAS SALGADAS.

ANÉCDOTA:  un relato breve dun acontecemento extriño, curioso ou divertido que lle acontece á persoa que a narra.

O 21 de Setembro celebrase o día Mundial do Alzheimer, por iso, en Domus Vi Viveiro, queremos axudarlle á nosa memoria e recompilar momentos célebres, divertidos e mesmo disparatados que se puideron vivir nestes 9 anos que levamos de percorrido.

Queremos darlle forma ao ANECDOTARIO SALGADO: Salgado, polo mar que vemos dende a nosa fiestra cada día, e polo sabor das bágoas. Queremos chorar, pero nesta ocasión, de risa e encher as páxinas de recordos, pois tamén existen bos recordos e son os que deben de perdurar.

Por iso, se tes algunha anécdota vivida no centro, podes enviala a: tasoc.viveiro@domusvi.es

Estará exposto na recepción do noso centro a finais do mes de Setembro e así poderás tamén escribir no mesmo as anécdotas que están por vir.

Plasma a túa experiencia a través dun texto, un debuxo, unha frase, unha canción…Podes facelo de forma anónima.

De todos xeitos, para salvagardar a intimidade de tod@s  empregaremos iniciais ou pseudónimos na publicación.

Axúdasnos a lembrar e sorrir???

 

Ver todos los artículos