María Áurea Rodríguez Rodríguez, nada o 16 de Novembro de 1897 en Muntián (Cartelle), foi unha gaiteira galega, a primeira documentada da historia.
Foi a maior dos seis fillos do matrimonio José Rodríguez e Hermelinda Rodríguez. Comezou a tocar a gaita arredor de 1907, á idade de dez anos. Logo do falecemento dos seus pais formou xunto cos seus irmáns Castor, Felisindo, Manuel e Eliseo, o grupo Os Maravillas (en referencia á parroquia de onde son orixinarios) .
O grupo tivo un enorme éxito en toda a xeografía galega durante os anos vinte.
En 1929 as xiras do grupo traspasan as fronteiras de Galicia, realizan actuacións en Madrid, que coroan a Aurea como «La reina de la gaita Gallega», e pola Arxentina no mes de novembro.
Na década dos trinta desfaise o grupo.
A última nova sobre Aurea é dunha actuación que tivo lugar en Venezuela en 1945.
LECTURA: SOFÍA FIGURANTE: ANA ELVIRA.