Ver todos los artículos
22 Mar 2021 | Actividades Lúdicas

ÁUREA RODRÍGUEZ. GAITEIRA.

María Áurea Rodríguez Rodríguez, nada o 16 de Novembro de 1897 en Muntián (Cartelle), foi unha gaiteira galega, a primeira documentada da historia.

Foi a maior dos seis fillos do matrimonio José Rodríguez e Hermelinda Rodríguez. Comezou a tocar a gaita arredor de 1907, á idade de dez anos. Logo do falecemento dos seus pais formou xunto cos seus irmáns Castor, Felisindo, Manuel e Eliseo, o grupo Os Maravillas (en referencia á parroquia de onde son orixinarios) .

O grupo tivo un enorme éxito en toda a xeografía galega durante os anos vinte.

En 1929 as xiras do grupo traspasan as fronteiras de Galicia, realizan actuacións en Madrid, que coroan a Aurea como «La reina de la gaita Gallega», e pola Arxentina no mes de novembro.

Na década dos trinta desfaise o grupo.

A última nova sobre Aurea é dunha actuación que tivo lugar en Venezuela en 1945.

LECTURA:  SOFÍA   FIGURANTE: ANA ELVIRA.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos