Ver todos los artículos
15 Mar 2022 | Actividades Lúdicas , Agenda de ocio , Noticias , Talleres Terapeúticos

SESIÓNS DE RELAXACIÓN

A relaxación é unha técnica de reducción da activación fisiolóxica que demostrou ser eficaz para o tratamento psicolóxico dos trastornos da ansiedade e outros desordes emocionais.

Ainda que mediante a relaxación reducimos a resposta do sistema cognitivo, fisiolóxico e motor, hai que ter en conta que ésta, axudará a controlar mellor a actividade cognitiva, a disminuir o malestar e a enfrontarse coas situacións ameazantes en lugar de evitalas.

Practicar técnicas de relaxación pode ter moitos beneficios, coma os seguintes:

  • Disminución da frecuencia cardíaca.
  • Disminución da presión arterial.
  • Disminución da frecuencia respiratoria.
  • Mellora da dixestión.
  • Mantemento de niveis de azucre en sangue normais.
  • Disminución da actividade das hormonas do estrés.

Deixámosvos fotos da sesión semanal do entrenamento en relaxación que levan a cabo as persoas residentes con Loli, tan querida por todos e todas!

Esta sesión ten lugar todos os martes pola tarde despois da merenda.

Un saudo dende os departamentos de Animación e Psicoloxía.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ver todos los artículos