A relaxación é unha técnica de reducción da activación fisiolóxica que demostrou ser eficaz para o tratamento psicolóxico dos trastornos da ansiedade e outros desordes emocionais.
Ainda que mediante a relaxación reducimos a resposta do sistema cognitivo, fisiolóxico e motor, hai que ter en conta que ésta, axudará a controlar mellor a actividade cognitiva, a disminuir o malestar e a enfrontarse coas situacións ameazantes en lugar de evitalas.
Practicar técnicas de relaxación pode ter moitos beneficios, coma os seguintes:
- Disminución da frecuencia cardíaca.
- Disminución da presión arterial.
- Disminución da frecuencia respiratoria.
- Mellora da dixestión.
- Mantemento de niveis de azucre en sangue normais.
- Disminución da actividade das hormonas do estrés.
Deixámosvos fotos da sesión semanal do entrenamento en relaxación que levan a cabo as persoas residentes con Loli, tan querida por todos e todas!
Esta sesión ten lugar todos os martes pola tarde despois da merenda.
Un saudo dende os departamentos de Animación e Psicoloxía.