Estimadas familias, residentes e traballadoras/es;
en Domusvi Viveiro temos o pracer de presentarvos a actividade…
DOMUSVICROSSING.
Se che gusta a lectura e queres compartir e intercambiar os teus libros favoritos e actuais, esta é a túa actividade.
¿Cando comeza?
Con motivo da CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS o vindeiro 8 de Maio comezaremos proxecto baseándonos no proxecto mundial bookcrossing.
¿En que consiste?
DOMUSVICROSSING é club de libros cuxa meta, simplemente é compartir e intercambiar libros entre familiares, traballadoras/as e residentes. Aquelas persoas que desexen participar entregarán en recepción a súa recomendación literaria, cubríndose así unha ficha na que ademais do titulo e unha pequena reseña(voluntaria) figurará o nome do propietario. Quedará exposto na nosa cabina particular e así, aquelas persoas que queiran ler dito libro solicitaran o seu préstamo ao persoal de recepción, quen cubrirá na ficha do libro os datos do arrendador e prescribiralle unha data de devolución. Podendo renovar e tamén deixar a súa reseña en dita ficha. Cando o propietario queira recuperar o seu libro non terá máis que pedilo e na data de devolución asinar a mesma.
Anímate e participa!
Neste mes de Maio recoméndanse prestamos en galego, faremos recomendacións mensuais no noso blog, actualizando a lista de libros dispoñibles.
grazas pola vosa colaboración!