Ver todos los artículos
26 Abr 2023 | Actividades Lúdicas , Agenda de ocio

Domusvi Crossing

Estimadas familias, residentes e traballadoras/es;

 

en Domusvi Viveiro temos o pracer de presentarvos a actividade… 

 

DOMUSVICROSSING. 

 

Se che gusta a lectura e queres compartir e intercambiar os teus libros favoritos e actuais, esta é a túa actividade.  

 

¿Cando comeza? 

 

Con motivo da CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS o vindeiro 8 de Maio comezaremos proxecto baseándonos no proxecto mundial bookcrossing.  

¿En que consiste? 

 

DOMUSVICROSSING é club de libros cuxa meta, simplemente é compartir e intercambiar libros entre familiares, traballadoras/as e residentes. Aquelas persoas que desexen participar entregarán en recepción a súa recomendación literaria, cubríndose así unha ficha na que ademais do titulo e unha pequena reseña(voluntaria) figurará o nome do propietario. Quedará exposto na nosa cabina particular e así, aquelas persoas que queiran ler dito libro solicitaran o seu préstamo ao persoal de recepción, quen cubrirá na ficha do libro  os datos do arrendador e prescribiralle unha data de devolución. Podendo renovar e tamén deixar a súa reseña en dita ficha. Cando o propietario queira recuperar o seu libro non terá máis que pedilo e na data de devolución asinar a mesma.  

 

Anímate e participa! 

 

Neste mes de Maio recoméndanse prestamos en galego, faremos recomendacións mensuais no noso blog, actualizando a lista de libros dispoñibles. 

 

 

grazas pola vosa colaboración! 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos